domingo, 11 de enero de 2009

Labrus bergylta Ascanius, 1767


Este peixe é unha maragota. É un peixe moi frecuente en Galicia, e ten valor culinario. Pertence á familia dos lábridos, como as señoritas ou os cans. A coloración é moi variable, dende rosado ata verdoso, pasando por marrón e amarelo. Tamén vermellos con puntos brancos, e nese caso en Galicia chámase pinto, pero é o mesmo peixe. Cando nacen todos os individuos son femias, pero co tempo transfórmanse en machos, é dicir, son hermafroditas sucesivos. O cambio de sexo ocurre entre os 5 e os 14 anos, é moi variable. Despois poden vivir ata 30 anos e chegar a pesar varios kilos. Son omnívoros, comen de todo, pero preferentemente crustáceos e moluscos. Como outros lábridos, os machos fan un niño acarrexando algas coa boca, a onde irán unha ou mais fémias a por os ovos. É un peixe de augas templado-frías: habita dende Noruega ata Marrocos, Macaronesia incluída (excepto Cabo Verde).
*Dipper, F.A., Bridges, C.R. and Menz A. 2006. Age, growth and feeding in the ballan wrasse Labrus bergylta Ascanius 1767. Journal of fish biology 11(2): 105-120

3 comentarios:

carlosub dijo...

E increible o da longevidade de 30 anos.. carai cada vez me sorprendo mais ..
Bonita foto...eu estou en dique seco.. fun o outro dia pero non habia nin moita luz nin case nada de vida. debian estar na casa co frio

Xandre dijo...

Antes de nada, saudos e felicitación polo blog. Sabía que tiñas un pero nunca parara a disfrutal del. Por suposto xa te teño na sección de enlaces do meu.
Como xa saberás existe un défitit por non dicir un olvido case que absoluto no mundo científico absoluto pola ictiofauna galega. Non existen traballos máis ou menos profundo que traten calquera dos aspectos da ecoloxía destas especies nas costas galegas. Todas as referencias que se atopan na bibliografía son de fóra de Galicia. Considero que é unha pena e que vale a pena dedicarlle tempo e esforzo o estudo das especies tan emblemáticas como poden ser a maragota, robaliza, sargo ou, como é o meu caso, a faneca. Non haberá forma de xestionar os noso patrimonio natural se partimos do descoñecemento que hai na actualidade.
Despois de toda esta parrafada so me queda dicir que enhoraboa polo blog.

David dijo...

Gracias polos comentarios, cos que como sabes estou de acordo.
Un saudo!